883167_428669293910210_1347045217_o

Banda do Chancarro, do Araño na romeria da Barca en Muxia 1936, romeria na que soian pasar varios días, levando un cociñeiro propio a banda ..

Nesta recoñecida banda de Rabunho, que deleitaba aos nosos paisanos nos anos 20e 30, o director era Don Manuel Rial ” O Chancarro “,
Don Manuel nacera en Rabunho ( Araño), na aldea da Capela a 20 metros escasos do Pazo dos Calotes,mais tarde casou en Bures tendo oito fillos, Laura, Lourdes, Che, Teodoro que tamén tocaba na banda co seu pai, Ernesto, Mercedes a de Rosalino, Manuel e Eulalia.
.- Nesta foto do ano 1936, sacada en Muxía na romeria da Virxen da Barca, foto ” tirada ” polo famoso fotografo da Costa da Morte Ramón Caamaño, e grazas ao seu fillo Teodoro, podemos pórlle nome a maioría dos compoñentes da banda, na foto 2, comentábanos o señor Teodoro que cando ían tocar tan lonxe como Muxía por exemplo soíña botar tres ou catro dias no sitio e levaban un cociñeiro que tamén sae nesta foto.
.- Atopamos na prensa da época tres recortes de Prensa de El Compostelano e El Pueblo Gallego, o primeiro dunha actuación deles do mes de Outubro do 1926 do Dia da Raza na Esclavitude, e os outros dous tamén na Escravitude para actuar na festa do Sacramento no mes de Xuño.
.- Ao deixar el a dirección da banda colleu a mesma Manoliño de Traba, o sogro do Chato.
.- Antes en Rabunho houbera outra banda a do Costureiro.
.-
.- Nomes dos Compoñentes da Banda, Manolo Xandilo de Bures,Ceferino Romero Dalexos,Jose Maria de Bexo,Piñeiro de Asados,Juan de Traba, Jesus o Marcelo de Bures, Hipolito de Carballal,Director Manuel Chancarro, Jose Chancarro da Bacariza,Marcelino de Traba, Jose do Agro da Fonte, Cociñeiro, Olegario, Delfin Herbon Miguens, Avelino o Bombeiro de Bexo, Ramon Ratocego de Carballal, Teodoro o Chancarro, Secundino de Bures

El Compostelano1926, Outubro Festa da Raza Esclavitud.

El Pueblo Gallego 21 de Maio de 1936,Esclavitud Festa do Sacramento.

El Pueblo Gallego 5 de Xuño de 1936, Esclavitud Festa do Sacramento