araño casa onde naceu xanquintoo seu nome era  Antonio Rodríguez Otero, era fillo de Manuel Rodriguez Villar natural de A Devesa ( Asados), e de Rosa Otero Alcalde natural do Araño no Outeiro. nacendo en
Santa Baia o 6 de Xuño de 1847.

Xan Quinto e de Rabunho ( Araño ) e non hai mais voltas que darlle ¡¡¡¡.
.- Grazas a Xose Comoxo e Xesus Santos quenes demostraron ao atopar na Igrexa rectoral de Rabunho ( Araño ) que era de aqui a sua procedencia, ademais achegaronme unha copia da orde de pasar do cárcere de Padrón a Santiago, asinada por Castor Núñez, alcalde presidente do Concello de Padrón.
.- Chamabase Antonio Rodríguez Otero, era fillo de Manuel Rodriguez Villar natural de A Devesa ( Asados), e de Rosa Otero Alcalde natural de Rabunho no Outeiro. nacendo en
Santa Baia o 6 de Xuño de 1847.
.
– Na partida bautismal atopada polos dous escritores e historiadores e que se atopa no libro 4º de Bautizados (anos 1807 a decembro de 1851), da igrexa de Rabunho dí así:
“En la yglesia parroquail de Santa Eulalia de Araño a 8 dias del mes de junio año de mil ochocientos cuarenta y siete, yo Don Juan Antonio Domínguez, presbítero con licencia
de Don Cayetano Avalle cura párroco de ella, bautizé solemnemente y puse los Santos óleos a un niño que nació el día seis anterior, hijo legítimo de Manuel Rodríguez y Rosa
Otero, aquel natural de Santa María de Asados, lugar de la Debesa, y esta de Araño donde son vecinos: Abuelos Paternos, Rosendo Rodríguez y Joaquina Villar esta natural de San Juan de Laíño y aquel de Asados donde son vecinos; Maternos, Julián Otero y Juliana Alcalde, esta natural de Taragoña, lugar de Pastoriza, y aquel de Araño, lugar del mismo nombre, donde fueron vecinos y los dos ahora difuntos: huvo por nombre ANTONIO: fueron sus padrinos Manuel Miguéns y María Josefa Otero su muger, vecinos de esta Parroquia a los cuales advertí lo que prebiene el ritual romano y que conste, lo firmo con dicho Señor Cura el día mes y año ut supra.
Cayetano Avalle Juan Antonio Domínguez”

.- Xan Quinto era o terceiro membro de unha familia humilde de seis irmans ,tiña outro irmán chamado Ramón Rodríguez Otero, bautizado en Rabunho o 23-1-1860 (13 anos máis novo que Xan Quinto) e compañeiro de aventuras.

.- O pai de Xan Quinto, morre o 27 de abril de 1895 e a nai o 9 de febreiro de 1896.
.- Contan Comoxo e Santos que Xan Quinto comenzou roubando fariña nos muiños de Rabunho e algun que outro porco disposto nos salgadoiros dalgun veciño.
.- Daquela o señor alcalde de Rianxo, o noso veciño Jose Maria Vazquez Morales ” O Pantuso ” interven para que os dous irmans declarasen os roubos, chegandolle a poñer unha pistola ao peito,para intimidalos, pero soio Antonio ( Xan Quinto ), despois de insistir o alcalde e decirlles que si non falaban teria que matalos, contestoulle. Non seria
valentia ningunha pola sua parte.

.- A sua cuadrilla estaba formada polo seu irman Ramon, Manuel Romero Agrasar ” Navallas ” e Xose Morales Rosende e a veces uniase a eles Barreiro da parte de Urdilde, xunto con outros membros de menor relevancia que entre complices e enlaces tiñan o etramado necesario para darlle consostencia a banda e burlar a Xusticia.

.- Din que algunhas casas de Rabunho e limitrofes estaban redimidas das hazañas de Xan Quinto a cambio de un pago anual.
.- A Pucha, era a amante preferida de Xan Quinto, sendo a muller de confianza que se encargaba de colocar a mercancia en Noia e de facer chegar os anonimos que el facia para sacarlle os cartos aos ricos.

.- Grazas ao cura de Fruime que descubreu o cuartel xeral da Gandarela ( San Fix ) e denunciou o escondite onde non faltaba a fartura.

.- En Setembro de 1870, o Xuiz decreta prision preventiva contra Antonio Rodriguez ” Juan Quinto ” por homicidio en Asados.

.- Marzo de 1873, o alcalde carceleiro de Padron pon a disposicion da Garda Civil ao preso A.R.O.,Juan Quinto que pasa por mandato da superioridade a carcel de Santiago de Compostela.
.- Febreiro de 1874, Joaquin Astray Caneda, xuiz de Primeira Instancia de Padron di o respecto: ” El alcalde de la villa sepa: que por virtud de la causa pendiente en el
juzgado a consecuencia de la denuncia del Ministerio Fiscal, contra Antonio Rodriguez Otero,(a) Juan Quinto de Santa Eulalia de Araño, y otro que le acompañaba fugado de la carcel de Santiago que vagando en el pais cometieron robos y otros excesos acorde hacer un reconocimiento en ruedas “.

.- Contaballe o señor Jose Maria do Crego a os doud historiadores, que vindo seu avo de Santiago de cobrar uns bois colleuno a noite por Laiño e na taberna de Imo
recomendaronlle que pasara a noite ali para non ter que meterse nas Escuras de Bexo a aquela hora , pois viran pasar a cuadrilla de Xan Quinto.
.- Pero el decia mentras tomaba un tospido de caña que el habia de pasar esa noite na sua casa e mais con todos os cartos que levaba enrriba, e asi foi e ao chegar ao lugar
veu un bulto e o acercarselle dixolle alto quen vai?, eu son fulano e ti es Antonio Xan Quinto.
.- Non eu son outro Xanquinto esta mais arriba.
.- Un silbido do asaltador foi respondido por outro en pouco treito, e foi o mesmo Xan Quinto quen acompañou ata a casa ao bo home, e unha vez ali deron boa conta de un par de xerras de viño e unha ducia de chourizos.

.- A morte de Xan Quinto e un misterio pois non se coñece nin a data nin onde aconteceu, uns din que en Portugal, onde recibiria unha coitelada nunha loita, outros din que en Cordeiro onde sete homes o mallaron a fungueirazos e chegou moribundo a sua casa de Rabunho e que foi enterrado pola propia cuadrilla tapado por un muro de pedras.

.- Este enterramento segredo, ao tratarse de un rebelde fora da lei, enimigo dos cregos, asaltador de rectorais e casas de ricos ainda que despois os repartise cos pobres de
solemnidade, non podia quedar rexistrada a sua morte no libro de defuncions.
.- Seu irman Ramon morreu de vello na sua casa. O Navallas despois de saldar a debeda coa xustiza , debido aos grilletes e as bolas de castigo das celas acabaria eivado e
morrendo tamen en Rabunho .

Din os escritores que polas veigas de Santa Baia oiase unha cantiga de boca en boca:
.- Famoso bandoleiro
altivo,xusticieiro
o Xan Quinto do Araño
por facer o menor daño
o que os ricos roubaba
a os pobres o entregaba.